Curso “Como traballar a educación emocional infantil”

Na EGAP, 9, 10 e 11 de outubro.

Obxectivos

Achegar un coñecemento práctico para comprender e desenvolver a educación emocional infantil. O curso baséase nos fundamentos das emocións e a xestión emocional como algo que se aprende nas relacións de coidado (especialmente no ámbito afectivo familiar e educativo) e que é a base da seguridade emocional necesaria para un adecuado desenvolvemento psicosocial. Unha parte práctica importante do curso ten que ver con recursos e actividades grupais infantís para potenciar as competencias socioemocionais.

Contidos

Apego, conexión emocional e seguridade
• A seguridade emocional e o seu desenvolvemento na infancia.
• «Non se pode non emocionar». Tipos de emocións e comunicación infantil.
• O funcionamento intrapersoal e interpersoal das emocións, círculos viciosos positivos e negativos das emocións.
• Fundamentos para traballar con nenos e nenas que teñen dificultades emocionais.

Educar desde as emocións-educar desde os afectos
• Principios da intelixencia emocional.
• A importancia de xerar un vínculo co neno/nena no contexto educativo.
• A educación positiva e as emocións.
• A persoa do profesional que traballa na educación infantil.

Recursos e actividades para potenciar as competencias socioemocionais na infancia
• Estratexias e ferramentas para educar desde as emocións.
• Recursos e actividades.
• Práctica guiada e exercicios grupais.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Datas: 9, 10 e 11 de outubro de 2017.
Horario: o día 9 de outubro, en horario das 9.00 ás 14.00 horas; os días 10 e 11 de outubro, en horario das 16.00 ás 20.30 horas.
Duración: 14 horas lectivas.
Número de prazas: 60.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*