Dirixida a alumnado de Bacharelato, 3º e 4º ESO.
“Revolución e utopía” é o tema da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Arredor deste tema, ábrense catro posibilidades de participación:
Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de BACHARELATO, a proba consistirá en elaborar unha disertación que terá unha extensión máxima de catro páxinas, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema da Olimpíada.
Dilemas morais: Destinados ao alumnado de 3º e 4º de E.S.O, consistirá na resolución dun dilema moral. O obxectivo desta tarefa consiste en que o alumnado ofreza unha solución razoada e argumentada, que terá unha extensión máxima de catro páxina sobre tema da Olimpíada.
Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 3º, 4º de E.S.O como de BACHARELATO, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía deste ano da Olimpíada.
Curta de vídeo: Dirixido tanto para o alumnado de 3º, 4º de E.S.O como de BACHARELATO. Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas.
A lingua dos textos e parlamentos será o galego. As e os gañadores participarán na Olimpiada filosófica estatal como representantes de Galicia.