Incrumprimento de ratios, falta de especialistas e exceso de burocracia, queixas no inicio do curso

A CIG-Ensino di que os centros están notando os recortes de profesorado e de medios neste inicio de curso.

Incumprimento de ratios, a ausencia de docentes especialistas e o incremento de materias afíns, a sobrecarga de traballos burocráticos en detrimento do labor docente, problemas coas itinerancias entre centros e co transporte escolar combinado… Son as queixas principais que foron peneirando os representantes da CIG-Ensino durante este inicio de curso escolas.

O Consello Federal reuniuse esta semana para avaliar todos os problemas que lles están a trasladar desde os centros educativos estes días e que desembocan, moitos deles, na dificultade para fixar os horarios lectivos e para organizar minimamente os cadros de persoal.

De xeito especial, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, referiuse ao elevado número de docentes “que teñen que impartir materias afíns das que non son especialistas, arredor de 1.270, o que supón case o 30% do total de prazas adxudicadas na ESO, FP, EOI e nas ensinanzas de réxime especial”. Engadiu Bermello que “como todos os anos, os centros póñense a funcionar grazas á profesionalidade e ao esforzo dos seus cadros de persoal que teñen que lidiar con dificultades para fixar horarios; con aulas masificadas que impiden unha atención máis personalizada e tarefas de reforzo educativo; cun aumento da carga burocrática en detrimento do labor propiamente docente, con problemas para ver recoñecida a situación de itinerancia cando se traballa en máis de dous centros á vez, nomeadamente nas seccións das Escolas Oficiais de Idiomas, así como novos retos derivados da xestión do transporte combinado, que está por ver se implica un aumento ou non no tempo de transporte do alumnado e unha modificación dos horarios lectivos”.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*