Carreira solidaria en prol da investigación da leucemia infantil

Escolas de Narón, A Coruña, Viveiro, Vigo, Pontevedra ou Nigrán están entre os centros galegos que se adheriron xa a esta iniciativa.

O próximo 20 de outubro un feixe de escolas van celebrar a terceira edición da carreira solidaria convocada pola ‘Fundación Unoentrecienmil’.

O evento consiste nunha carreira arredor da escola na que poden participar alumnado, docentes e familias. Cada participante achega 1€ como simbólica inscrición. Todos os cartos que se xunten irán a un fondo promovido pola Fundación para o financiamento de bolsas a investigadores no campo da leucemia infantil.

Calquera escola pode unirse á iniciativa cubrindo esta ficha e enviándoa ao enderezo electrónico vueltaalcole@unoentrecienmil.org.

Un evento de éxito nas anteriores edicións

A leucemia é un inimigo demasiado forte para un só, pero non para cen mil, axúdanos a vencer e curar a leucemia infantil”. En apoio deste lema, o obxectivo é involucrar a un mínimo de 150 escolas e recadar ata 100 mil euros. No momento de escribirmos estas liñas hai xa cerca dun cento apuntadas.

A Fundación entregou a súa primeira bolsa, por valor de 75 mil euros, en 2014, aos doutores Manuel Ramírez Orellana e Ángeles Vicente, investigadores que identificaron un novo marcador, BMP4, que está por tras das recaídas en nenos con Leucemia Linfoblástica Aguda (LLA). En abril deste mesmo ano, entregaron outros 100 mil euros ao proxecto Inmunoterapia fronte ás recaídas, liderado pola doutora María Luisa Toribio, do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*