Documental proxecto Tosta

De libre visionado na rede, unha peza audiovisual froito da cooperación entre comunidades de linguas minorizadas.

‘Documental Tosta, ruta atlántica da diversidade lingüística’ fai un percorrido por sete linguas minorizadas; galego, vasco, frisio, galés, gaélico escocés, irlandés e córnico, reunidas arredor da palabra común “Tosta” para compartir os nosos mundos e para atopar xeitos de dar alento ás linguas.

O documental foi presentado ao público o pasado 20 de setembro pola Mesa pola Normalización Lingüística, coincidindo co Día Europeo das Linguas. Tosta reivindica a diversidade lingüística desde o punto de vista das linguas minorizadas, concretamente do galego, o vasco, o galés, o frisio, irlandés, gaélico escocés e córnico.

A Mesa é precisamente a representación galega no proxecto Tosta, promovido dentro da programación de Donostia 2016, Capital Europea da Cultura. Alén do documental, tamén se fixo entrega e presentación do libro Unha guía imperfecta (.pdf) que ofrece unha proposta práctica para axentes culturais que traballan en proxectos internacionais e queren promover prácticas de xestión respectuosas coas linguas minorizadas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*