Ata 22 centros escolares pecharon este luns por mor dos incendios forestais

Actualización a 19:25 horas de 16/10/2017
A Consellería de Educación informa de que as clases só permanecerán suspendidas durante a xornada deste martes no IES Pazo da Mercé (As Neves), e o CPR Estudio (Nigrán), ambos na provincia de Pontevedra. En principio, sempre tendo en conta as circunstancias actuais, está previsto que a xornada lectiva se desenvolva con normalidade no resto das provincias.

Actualización a 14:00 horas de 16/10/2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender inicialmente as clases nun total de 10 centros educativos galegos por mor dos incendios forestais e por precaución. Posteriormente, estendeuse a un total de 20 centros educativos da provincia de Pontevedra tras facer un seguimento continuo da situación e valorar o estado dos centros educativos naquelas zonas afectadas polos incendios forestais.

Nas outras tres provincias galegas non se decretou peche de centros, aínda que no caso do CEIP Pena Corneira, no concello de Carballeda de Avia, o centro abriu as súas portas pero o alumnado non puido asistir ás clases por incidencias no transporte escolar. Así mesmo, o CEIP de Vilariño de Conso foi desaloxado esta mañá pola proximidade lo lume.

Desde os sindicatos están advertindo que na zona de Ourense profesorado que se desprazaba desde fóra de concellos afectados tivo que dirixirse aos centros por estradas coas lapas do lume moi perto. Dende os sindicatos tamén estiveron chamando a participar nas concentracións cidadás contra os incendios.

Velaquí a lista de centros afectados segundo os datos actualizados:

Na provincia de PONTEVEDRA:

Concello de Baiona

  • IES Primeiro de Marzo
  • CPI de Cova Terreña
  • CEIP Fontes Baíña
  • CEP de Belesar

Concello de Vigo

  • CEIP de Sobreira-Valadares
  • IES Valadares
  • CEIP A Paz Tintureira

Concello de Pazos de Borbén

  • CPI Curros Enríquez
  • EEI Nespereira

Concello das Neves

  • CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
  • IES Pazo da Mercé
  • EEI de Rubiós

Concello de Gondomar

  • CEIP Serra-Vincios
  • CRA Antía Cal

Concello de Ponteareas

  • CEIP Feliciano Barrera
  • CEIP de Santiago de Oliveira
  • CRA A Picaraña

Concello de Mondariz-Balneario

  • CEIP Nosa Señora de Lourdes

Concello de Ponte Caldelas

  • IES de Ponte Caldelas

Concello de Salceda de Caselas

  • IES Pedras Rubias

Na provincia de OURENSE:

Concello de Carballeda de Avia

  • CEIP Pena Corneira

Concello de Vilariño de Conso

  • CEIP de Vilariño de Conso

 

 

A SITUACIÓN, NAS REDES EN TEMPO REAL


COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*