Programación: Kit de ferramentas para profesorado

Recursos para aprender a programaDe utilidade para a CodeWeek e durante todo o ano.

Apple

Programación para todos: A linguaxe da tecnoloxía é a programación. En Apple, afirman que aprender a programar é unha habilidade básica. Por que? Porque che ensina a resolver problemas e a traballar en equipo de formas creativas. Ademais axúdache a deseñar apps capaces de facer realidade as túas ideas. “Todos deberiamos ter a oportunidade de crear algo que poida cambiar o mundo. Por iso, Apple desenvolveu un programa que permite a calquera persoa aprender e ensinar programación”.

Comunidade Programamos

A Comunidade Programamos é unha rede social de persoas que aprenden e ensinan a programar con centos de recursos organizados por tecnoloxías.

Recursos para aprender a programar con SCRATCH JR

Programamos en infantil e primaria con Scratch Jr.: Como funciona o novo Scratch JR. deseñado para nenos de 5 a 7 anos?

Recursos para aprender a programar con SCRATCH

Programamos en primaria con Scratch: Recursos preparados para alumnado de primaria (entre 7 e 11 anos).
Programamos en secundaria con Scratch: Recursos preparados para alumnado de secundaria (a partir de 12 anos).
O meu primeiro videoxogo: Aprende a programar un videoxogo paso a paso con Scratch desde cero.

Recursos para aprender a programar con AppInventor

Programamos aplicacións móbiles con AppInventor: Recursos preparados para alumnado de bacharelato e formación profesional (a partir de 16 anos).
Videoxogos para móbiles Android: Aprende a programar un videoxogo para dispositivos móbiles Android, paso a paso e desde cero, con App Inventor.
Guía de Iniciación a App Inventor: Estupenda guía visual para docentes, estruturada en sesións, para ensinar desde cero a crear aplicacións android divertidas.

Recursos para aprender a programar con SNAP!

Programamos aplicacións con SNAP! Recursos preparados para alumnado de bacharelato e formación profesional (a partir de 16 anos).

Code Avengers

Aprende a construír xogos con Code Avengers: Nesta introdución de 40 minutos, utilizarás JavaScript para construír un xogo que poidas compartir cos teus amigos.
JavaScript nunha Hora: Este tutorial ensinarache a facer un xogo de preguntas en
JavaScript en 5 breves leccións.

Web Development

django-marcador: un tutorial libre de Django

Recursos para aprender a programar con Pixie

Pixie, aprende a programar: Pixie é un sistema de apoio para ensinar e aprender a programar inspirado en Scratch e baseado en Blockly. Pixie ofrece unha linguaxe visual para ensinarlle novos conceptos de programación ao alumnado paso a paso a través de retos e xogos deseñados por docentes. O sistema controla o avance dos estudantes, mide o seu progreso e avalía automaticamente os resultados.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*