A Educación Física e o Deporte como eixo de convivencia Intercultural

XI Seminario de Atención Educativa ao alumnado inmigrante. En Santiago, 3 e 4 de novembro, na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

OBXECTIVOS:
– Ampliar e fortalecer as canles de colaboración entre investigadores e profesionais da educación que están traballando en dimensións prácticas da atención educativa á diversidade cultural.
– Continuar coa consolidación dun foro estable sobre investigación e innovación na atención educativa á diversidade cultural, coa participación de universidades, centros educativos, asociacións de profesores e axencias cívico-sociais.
– Procurar o coñecemento e a posta en valor de proxectos educativos vinculados á xestión da diversidade cultural desde o ámbito da Educación Física.
– Axudar á difusión de ideas e proxectos socio-educativos que teñan que ver coa mellora organizativa e curricular dos centros de ensino.
– Animar a participación dos profesionais da educación que desenvolven programas en centros para que poñan en valor social as experiencias e as boas prácticas que realizan, impulsando a comunicación e publicación das mesmas.
Favorecer novos enfoques de formación do profesorado e mesmo dos profesionais da Educación Física neste eido, abrindo vías para a constitución de comunidades de aprendizaxe, e para a conformación de grupos de investigación-acción.

VENRES 3 DE NOVEMBRO

16.15 horas. Inauguración
Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Sr. Director Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Xunta de Galicia
Sra. Decana da Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela
Sr. Presidente do Comité Organizador

16.45 horas. Relatorio Primeiro
O deporte e a actividade física como forma de Inclusión social. Perspectivas dende o ámbito educativo
Víctor Arufe Giráldez
Universidade da Coruña

18.15 horas. Mesa Redonda A Educación Física e o deporte como eixo de Convivencia Intercultural
Coordina: Mar Lorenzo Moledo
Universidade de Santiago de Compostela
Interveñen:
– Margarita Pino Juste
Universidade de Vigo – Rede RIES
Deseño e avaliación de programas de actividade física para a integración de inmigrantes no ámbito educativo
– Julia Mª Crespo Comesaña Universidade de Santiago de Compostela – Rede RIES
Promoción da interculturalidade a través do currículum educativo
– Manuel Isorna Folgar Concello de Catoira / Universidade de Vigo
O deporte como vehículo de inclusión social fóra do ámbito educativo

SÁBADO 4 DE NOVEMBRO

9.30 horas. Relatorio Segundo
A formación do profesorado especialista en Educación Física no ámbito da
Atención á Diversidade
Rubén Navarro Patón
Universidade de Santiago de Compostela

11.15 horas. Obradoiros

Obradoiro 1: Xogos do mundo. A interculturalidade a través dos recursos lúdicos
José Eugenio Rodríguez Fernández e Silvia Basanta Camiño
Universidade de Santiago de Compostela

Obradoiro 2: Estratexias de Educación Emocional para a xestión da diversidade
cultural desde a Educación Física e o deporte
María José Méndez Lois
Universidade de Santiago de Compostela
Aixa Permuy Martínez
Educadora Social, Pedagoga e Investigadora Seminario EXDEHU do ICE-USC

Obradoiro 3: Aprendizaxe-Servizo (ApS) para a xestión da diversidade cultural no
ámbito da Educación Física
Mar Lorenzo Moledo
Universidade de Santiago de Compostela

13.30-15.30 h.: Comida

15.45 h.: Experiencias. Centros educativos incluidos no Plan Proxecta-Conecta Cultura (curso 2016-2017) promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia

CEIP PARADAI (Lugo)
A interculturalidade a través das actividades lúdicas e recreativas
Marta Castro Girona
Cristina Buide Fernández

CPI DO TOURAL (Vilaboa-Pontevedra)
A Educación Física e o Deporte como vehículo de inclusión do alumnado inmigrante
Cristina González Piñeiro

IES VALADARES (Vigo)
Proxectos de desenvolvemento intercultural nos centros educativos: educación en valores
Carmen Boado Aguinaga

18.00 h.: Conferencia

A Educación Intercultural e o deporte como vía de integración social, análise da situación, estratexias de mellora e expectativas de futuro
Pedro Gil Madrona
Universidad de Castilla la Mancha

19.00 h.: Relatorio de conclusións e clausura
Miguel A. Santos Rego
Universidade de Santiago de Compostela

Máis información:
Prof. Dr. José Eugenio Rodríguez Fernández Universidade de Santiago de Compostela Facultade de Ciencias da Educación Campus Norte 15782 Santiago de Compostela Tlf. 881-812014 E-Mail: geno.rodriguez@usc.es

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*