Nora será a estrela canina no obradoiro “Cans e Letras”, que estrea en Galicia esta innovadora experiencia.
Nora é a estrela canina que acompañará esta semana a lectura na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, na Coruña. Nora é unha cadeliña moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento.
Nora será a protagonista da chegada a Galicia do programa R.E.A.D, unha iniciativa que naceu nos Estados Unidos en 1999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah). Os seus creadores “Intermountain Therapy Animals” foron os pioneiros na introdución dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira estreando o programa en Galicia.
O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais. Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: lerlle a un can.
A cita este martes 24 de outubro. Horario e inscrición (dúas quendas):
. de 18:00 horas a 19:00 horas
. de 19:00 horas a 20:00 horas
Así contan a aplicación da experiencia varias mestras madrileñas: