
O xurado destacou o tratamento da temática trans e da banda deseñada.
‘Fóra do normal’ é o título da obra asinada por María Reimóndez á que se lle concedei o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.
Reunido na Sala de Xuntas do Instituto de Estudos Chairegos, sita na Casa da Cultura de Vilalba, o venres, día 27 de outubro de 2017, o Xurado do I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade -convocado polo Instituto de Estudos Chaairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia-, e formado por Marica Campo Domínguez, Manuel Bragado Rodríguez e Xabier Ponte Docampo, acordou por unanimidade outorgar o Premio á obra titulada FÓRA DO NORMAL presentada baixo o lema ou seudónimo de SUPEHEROES. Unha vez aberta a plica, resultou ser autora María Reimóndez Portela.
O Xurado destacou da obra gañadora o tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión do mundo, así como o valor de contar con heroes á hora da superación do conflito. O Xurado destaca tamén a calidade das obras presentadas baixo os lemas “GUNTUR” e “PO ESTELAR”.
De paso, recordámosvos que a autora está de actualidade tamén estes días, segundo conta o portal Letra en Obras, pola undécima edición da novela O club da calceta, que superou o teito dos dez mil exemplares vendidos.