VIII día da Ciencia en Galego: Viaxes pola Ciencia

O xoves 4 de novembro, outra edición moi especial para a lingua, especialmente nas materias de Física e Química, Tecnoloxía, Plástica, Bioloxía, Galego, Ciencias do Medio e Matemáticas.

A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible, nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos convidamos a participar, contábannos desde Igaciencia

Así, entre as propostas estiveron:
-Celebrar a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución xeolóxica.

-Celebrar as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima co seu saber a nosa terra como poucos.

-Realizar actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha viaxe sostible onde as haxa.

Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX… Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto galego de Mogor, ou un misterioso trisquel nas leiras de millo ou prados, de apariencia extraterrestre?

Nesa liña, para este VIII Día da Ciencia en Galego proponse un grande abano de posibilidades:
-Manexar o GPS, Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.

-Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga…

-Expoñer  no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución que enviaremos a cada un dos vosos centros.

-Enviar algunhas fotos a nova carta a través da app novacarta (que está en novacarta.eu) ou enviando todas as do centro con xeolocalización de cada unha ou grupo, cos enlaces correspondentes á galipedia, ás páxinas do Concello ou a todas aquelas que consideredes relevantes para describir o lugar do voso concello. Como podedes ver no apartado de premios en novacarta, solícitase que haxa un profesor responsable que canalice a participación do alumnado e os motive para  que resalten aquilo que consideran un lugar único e mítico e digno de ser coñecido en toda Galicia e por todos os centros. Os dez mellores en cantidade e calidade recibirán un premio en metálico e outros corenta recibirán a revista de Igaciencia sobre a luz. Ver http://novacarta.eu/gl/node/7 (ao final) e http://novacarta.eu/gl/node/8

-Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. O modernismo de Ferrol. A poesía galega ligada á posición xeográfica. Comparar as distintas versións en distintas linguas da galipedia. Facer unha composición, por exemplo, sobre o cabo e faro Vilán despois de buscalo en Novacarta e explicar porque a súa grandeza ben pode ser símbolo de Galicia.

-Apuntarse en  http://www.igaciencia.eu/?q=content/colabora-eou-participa para colaborar en novacarta.eu ou en cienciaengalego.org

***Tamén en Botóns: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*