XIII Olimpíada de Bioloxía

A Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca o evento. Inscrición deica o 17 de novembro.

A Fase Galega celebrarase o 12 de xaneiro de 2018 na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.

Poderán participar na XIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes que estean matriculados na materia de Bioloxía no 2º curso de Bacharelato durante o curso 2017-2018, en centros de ensino de Galicia de calquera titularidade e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Os interesados en participar solicitarano por escrito, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición que atoparán na ligazón https://goo.gl/forms/J1go3HKrvjw0wqU42

NON poderán participar os estudantes de 1º de bacharelato (por un cambio na norma estatal)

NOTA DA CONVOCATORIA: Lembrade que o formulario de dereitos de imaxe asínano os propios alumnos (ao ser maiores de 14 anos segundo a lexislación vixente) e incluímos un para a autorización paterna que virá asinada polo pai, nai ou titor e selada polo centro. En canto ao certificado das calificacións indicámosvos un modelo para homoxeneizar os que nos remitides.

Prazo de inscrición: entre o luns día 16 de outubro e o venres día 17 de novembro de 2017.

Colaboran na convocatoria a Universidade de Vigo e o Colexio de Biólogos de Galicia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*