Abertas no Museo do Pobo as exposicións gañadoras do X proxecto Antonio Fraguas

‘Vedra medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial’ e ‘Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá’, as mostras gañadoras.

As mostras gañadoras do X Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas, ‘Vedr@ medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego’, do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) e ‘Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá’, do IES da Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo), abriron esta fin de semana as súas portas no Museo do Pobo Galego. As mostras poderán visitarse en San Domingos de Bonaval ata o día 17 de decembro.

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas sobre patrimonio etnográfico é unha iniciativa da Fundación Antonio Fraguas e do Museo do Pobo Galego co apoio da Consellería de Cultura e Educación. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de apertura valorando os proxectos destes dous centros educativos que “visibilizan e afondan no noso patrimonio, tanto no material como no inmaterial, do que forma parte a lingua galega”. García Gómez lembrou “que nós somos herdeiros desa cultura orixinal e diferente que nos fai ser pobo e temos a fortuna e a responsabilidade de transmitila e de recreala para facela viva e viable no século XXI”. A canda el, interviron o presidente e o secretario da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Justo Beramendi e Francisco J. Sangiao, respectivamente, así como o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*