A Rede do Patrimonio únese ao Día do Patrimonio Mundial

Este 16 de novembro de 2017 celébrase o Día do Patrimonio Mundial, promovido pola UNESCO (A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura). A Rede do Patrimonio Cultural quere contribuír á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor, ofrecendo por primeira vez un calendario conxunto de actividades do movemento social ao redor do patrimonio cultural de Galicia.

Con este motivo, convidan a usar a etiqueta #DiadoPatrimonio para as comunicacións nas redes sobre o evento.

De momento, son 25 entidades da Rede do Patrimonio Cultural e 39 actividades nas que podes participar, unirte, coñecer e gozar do noso patrimonio cultural.
MAPA DE ACTIVIDADES

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*