Astrovaqueiros e cousas

Astrovaqueiros e cousas Reciclaxe, arte e astronomíaReciclaxe, arte e astronomía, nesta exposición que pode verse deica o 30 de novembro no Claustro de Fonseca, en Santiago de Compostela.

‘Astrovaqueiros&cousas. Unha nova vida astronómica para vellos vaqueiros: o Universo debuxado e pintado aquí na Terra, un planeta que recicla’ é unha colaboración entre a astrofísica Ana Ulla e as artistas Carmen Villar e Rita Landeiro, co apoio da empresa química Xylazel, que explora as posibilidades do pintado sobre compoñentes reciclados, utilizando pinturas innovadoras, inspirándose en elementos astronómicos, desde exoplanetas a galaxias, cometas ou cúmulos.

“Rita e Carmen saben de pintura e eu de momento fixen un experimento. En calquera caso, para min resultou un intercambio colaborativo moi interesante e moi instrutivo, que ademais espero que continúe”, explicou Ana Ulla para o Diario da Universidade de Vigo sobre o seu papel na mostra, para a que elixiu como temática das súas obras os exoplanetas, nos que se centrou unha estadía que o ano pasado desenvolveu na Universidade Queen Mary de Londres. Outras obras da exposición tiveron como fonte de inspiración fenómenos como unha chuvia de perseidas, eclipses ou o centro do cúmulo globular Omega Centauri, o maior da súa clase na Vía Láctea.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*