Outros 22 colexios súmanse á experiencia Recíclate con Sogama

Sexta edición desta iniciativa destinada á sensibilización ambiental e o fomento da reciclaxe.

Un total de 22 colexios de primaria de diferentes puntos de Galicia foron seleccionados para participar durante o presente curso académico 2017-2018 no programa Recíclate con Sogama, que xa alcanza a súa sexta edición. Canalizado a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, o seu obxectivo é instaurar a recollida selectiva de residuos nas aulas e que os hábitos de segregación do lixo por materiais formen parte da cultura ambiental dos centros a fin de fomentar a reciclaxe na nosa comunidade, alcanzando con isto os beneficios ambientais, económicos e sociais derivados do mesmo.

Ademais do tradicional principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), que debe formar parte inexcusable dos hábitos de vida dos cidadáns, Sogama pretende ir máis aló e introducir progresivamente nas aulas o denominado  criterio multierre, principal expoñente da economía circular, contemplando así o ciclo de vida dos produtos en toda o súa amplitude. Neste contexto, reducir, reutilizar e reciclar compleméntanse con outras accións tales como repensar, redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír e recuperar.

O fin último é que os alumnos aprendan a producir menos refugallos e, unha vez que estes se xeren, sexan capaces de tomar conciencia do gran valor que os mesmos albergan e a súa capacidade para substituír aos cada vez máis limitados e escasos recursos naturais.

CENTROS PARTICIPANTES EN RECÍCLATE CON SOGAMA

Un total de catorce pola provincia de Pontevedra:
–       CEIP Doutor Suárez, de Fornelos de Montes.
–       CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón, de Salvaterra do Miño.
–       CPI Aurelio Marcelino Rey García, de Cuntis.
–       CPI Santa Lucía, de Moraña.
–       CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, de As Neves.
–       CEIP Cabanas, de Pontevedra.
–       CPR Plurilingüe Possumus, de  Vigo.
–       CEIP de Abelendo, de Moaña.
–       CEIP A Xunqueira I, de Pontevedra.
–       CEIP de Reibón, de Moaña.
–       CEIP A Guía, de Moaña.
–       CEP Plurilingüe de Riomaior, de Vilaboa.
–       CPI de Cova Terreña, de Baiona.
–       CEIP Antonio Palacios, de Porriño.

Dous pola de Lugo:
–       CEIP Illa Verde, de Lugo
–       CEIP Manuel Mato Vizoso, de Vilalba.

Tres pola de Ourense:
–       CPR Plurilingüe Divina Pastora, de Ourense
–       CPR Plurilingüe Divina Pastora, de O Barco de Valdeorras
–       CPI Laureano Prieto, de A Gudiña

E tres pola da Coruña:
–       CPI de Bembibre, de Val do Dubra
–       CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira, de Ferrol
–       CEIP A Cristina, de Carballo

Illas de reciclaxe

Sogama dotará aos centros con illas de reciclaxe, conformadas cada unha por tres contedores de 120 litros de capacidade (amarelo, azul e verde) a fin de que a comunidade educativa poida segregar os seus refugallos, á vez que proporcionará un composteiro a aqueles que conten con servizo de comedor, ademais de horta ou xardín no que utilizar o abono resultante.

Desde o plano divulgativo, a entidade conta cun bo número de recursos para formar a profesores e alumnos. É o caso de charlas impartidas por educadores especializados, presentacións, guías didácticas, carteis, folletos, vídeos, xogos físicos e xogos en liña, coa particularidade de que efectuará un seguimento pormenorizado das actividades desenvolvidas en todos os colexios para que alumnos e profesores poidan obter o máximo rendemento das mesmas. De feito, a empresa contempla no seu modus operandi a realización de caracterizacións ou mostraxes dos contedores que conforman as illas para comprobar se a selección do lixo é a axeitada e, de non axustarse esta aos requisitos, poder realizar as correccións e axustes necesarios.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*