Aprendendo máis sobre os xeitos de “reducir”

Que é a European Week for Waste Reduction (EWWR)?No Caderno Verde achégannos unha ficha interactiva para a clase de Inglés.

Que é a European Week for Waste Reduction (EWWR)?
– Unha idea da Unión Europea: unha iniciativa que propón actividades sobre recursos sostibles e xestión de residuos durante unha semana?
– Unha idea da ONU: unha iniciativa que propón actividades sobre recursos sostibles e xestión de residuos?
– Unha idea da Unión Europea: unha iniciativa que propón non tirar o lixo durante unha semana?

A solución a esta e outras cuestións, no novo recurso para a Educación Ambiental que podemos utilizar de balde no Caderno Verde de Sogama, a plataforma web que periodicamente nos achega novos elementos interactivos para o traballo de valores de sostibilidad nas aulas e fogares. Neste caso, unha ficha para a clase de Inglés, ‘Learning more about how to reduce!’, recomendada para o 3º ciclo de Primaria e para a ESO.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*