Contra a violencia institucional: xustiza para todas

Materiais didácticos do STEG para as aulas o 25N.

“A Organización de Mulleres da Confederación Intersindical, outro 25 de novembro máis, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, fai un chamamento a todos os axentes da comunidade educativa invocando a transcendencia e magnitude que a educación supón para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara ás mulleres. Esta violencia prodúcese en todos os ámbitos da sociedade: de xeito explícito a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflitos armados ou no acoso sexual; e de maneira simbólica a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada. Con esta finalidade dirixímonos a vós, alumnado, profesionais da docencia e da orientación nos centros, e ofrecémosvos esta nova contribución a nosa tarefa educativa mediante esta proposta didáctica con actividades para traballar na aula,estruturada para todos os niveis educativos desde infantil ata persoas adultas (…)”

Podedes descargar a proposta desde a propia web da STEG, onde a Secretaría da Muller da formación ten dispoñibles outros materiais de interese como o ‘Calendario: tempo de mulleres, mulleres no tempo’. Tamén desde aquí mesmo picando sobre a imaxe:

Materiais didácticos do STEG para as aulas o 25N.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*