I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade

I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a MocidadeO prazo de entrega de proxectos educativos amplíase deica o 30 de novembro.

Ludantia é un punto de encontro que trata de xuntar experiencias relacionadas coa educación en Arquitectura para nenos e nenas, mozos e mozas no ámbito internacional. Trátase dunha plataforma desde a que compartir, debater, experimentar e difundir proxectos educativos e de investigación que traballan co espazo (doméstico, social, urbano, rural, natural, humanizado,…) e nos que o neno e a nena, o mozo e a moza son protagonistas.

A celebración dunha Bienal Internacional de educación en arquitectura para a infancia e a mocidade é un dos proxectos xurdidos a raíz do III ENCUENTRO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN EN ARQUITECTURA. Dito Encontro foi organizado polo Grupo Playgrounds no Museo Reina Sofía (Madrid) o 16 e 17 de xaneiro de 2016. A primeira edición da Bienal celebrarase en Pontevedra en abril/maio de 2018

Entre xaneiro e marzo, o comité científico seleccionará algúns dos proxectos presentados para amosalos na exposición que terá lugar en Pontevedra. Todos os que cumpran os requisitos esixidos nas bases difundiranse a través da web da Bienal. Premiará a tres deles pola súa innovación e calidade e convidará aos seus autores (dous representantes por equipo) a contar ou reproducir a experiencia en Pontevedra. E outorgará seis mencións a proxectos destacados.

A entrega de proxectos educativos remata o 30 de novembro. Toda a información na web.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*