As Maimiñas: Mellorando a concienciación sobre a parada cardíaca

Vídeo da actuación das Maimiñas no día da Concienciación ao Paro Cardíaco.

O grupo musical ‘As Maimiñas’ leva adiante unha campaña para, dun xeito lúdico, concienciar a rapazada dende cativos da importancia de saber que só coas súas mans poden salvar vidas e dotalos de coñecementos básicos de reanimación en caso de morte súbita.

A morte súbita cardíaca é un suceso polo que o corazón deixa de realizar a súa función de bombeo, presentando a persoa unha perda de coñecemento, parada cardíaca e parada respiratoria. Nestes casos unha pronta activación dos sistemas de emerxencia sanitaria e o inicio precoz de medidas básicas de urxencia aumentan a supervivencia e diminúen o risco de padecer secuelas graves. O ideal é iniciar todas esas manobras nos primeiros cinco minutos do evento.

O obxectivo desta actividade é sensibilizar, tanto ás institucións públicas como á cidadanía, da importancia de que a poboación en xeral aprenda a realizar as manobras de RCP; considerando que a mellor forma é empezar polos máis pequenos, dende os colexios, concienciando aos nenos. No seu espectáculo músico-teatral, As Maimiñas, acompañadas de música en directo, lexplican como facer fronte a unha situación de morte súbita cardíaca.

OUTROS VÍDEOS

As túas mans salvan vidas

A todo vida lle dá

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*