Conectadas/os: recurso de axuda da Fundación de Axuda contra a Drogadicción

Conectadas/os: recurso de axuda da Fundación de Axuda contra a DrogadicciónInclúe un concurso para alumnado de 14 a 16 anos, aberto deica o 15 de xaneiro.

O espazo web inclúe, no apartado “Sala de Xogos”, unha pequena aventura gráfica titulada “Encontrar a Ana”. O obxectivo é facer reflexionar sobre a importancia de usar responsablemente as novas tecnoloxías e fomentar un uso construtivo de internet desde o respecto a un mesmo e aos demais. “Conectadas/os” é un proxecto promovido pola FAD (Fundación de Ayuda Contra la Drogadicción).

Aprender a xestionar a nosa privacidade, configurar os nosos dispositivos de xeito adecuado, ver como manexar as relacións sociais ou reflexionar sobre os contidos que se comparten en redes sociais, son algúns dos temas que se tratan neste xogo en liña.

A través da aplicación, dispoñible para tablet e teléfono móbil, ou tamén a través da propia web, pódese usar este xogo. “Conectados. Xestiona o teu ‘eu’ online” propón un total de seis capítulos co obxectivo de atopar a Ana. A puntuación final dependerá da habilidade para superar os distintos retos.

Pode usalo alumnado de calquera idade, aínda que só poderán optar ao premio os usuarios de entre 14 e 16 anos. O concurso permanecerá aberto ata o 15 de xaneiro de 2018.

Espazo para familias

Para nais e pais de adolescentes, o espazo web tamén ofrece a chamada “Sala Familiar”, onde podemos atopar vídeos de utilidade para a reflexión. Ademais, a FAD abre tamén un contacto para recibir orientación personalizada, un servizo gratuíto de orientación familiar no teléfono 900 22 22 29, con horario de atención de luns a venres, de 9 a 21 horas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*