Música para nos mergullar no mar azul do autismo.
Con letra de Raquel Domínguez, música de Chus Domínguez e arranxos de Magín Blanco e Uxía, a Asociación Familias Azuis promove, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, este novo videoclip para concienciar sobre o autismo e convidar a cidadanía a espallalo polas redes e mergullar no mar azul do autismo. Foi elaborado co obxectivo de visibilizar o autismo, eliminando falsos mitos e celebrando a diversidade de xeito optimista.
Foi presentado na véspera do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o vicepresidente da Asociación Autismo Galicia, Cipriano Jiménez; a representante da Asociación Familias Azuis, Raquel Domínguez; e mais os músicos que participaron na peza musical, Uxía, Magín Blanco, Santi Cribeiro e Pablo Ces.
O vídeo é unha creación de OliconH, con animación de Nacho Laya e pictogramas en galego deseñados por Paxi da Silva. Foi gravado na praia de Pinténs (Cangas, Pontevedra) e nel participaron nenos e nenas do Morrazo.