Mostra a youtubeira que levas dentro!

Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade a incentivación da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego, así como a súa promoción e visibilización a través da rede e o recoñecemento daqueles de maior enxeño e creatividade, calidade técnica, eficiencia comunicativa e calidade lingüística.

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

Porta aberta á creatividade

Todos os vídeos participantes teñen que estar publicados con data posterior ao 28 de abril de 2017 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición. No caso de presentar canles de vídeos ten que haber vídeos realizados con data posterior ao 28 de abril de 2017 e todos os vídeos da canle, sen restricións de privacidade, deben incluír os cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición.

Os vídeos individuais e/ou canles de YouTube presentadas a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego.

Os vídeos que concorran no Premio Youtubeir@s teñen que ter unha duración máxima de 5 minutos e con licenza Creative Commons.

Inscrición e prazo

O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premio Youtubeir@s é do 1 de decembro de 2017 ao 15 de marzo do 2018 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde.

As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web http://youtubeiras.gal/inscricions/.

Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos ou canles como desexe. No momento da inscrición o autor ou autora debe escoller a categoría na que quere inscribirse.

Bases completas

Jun Dinamita, como che cambiou a vida ser Youtubeiro?

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*