‘Nós tamén creamos!’, aberta a edición 2018

As escolas deben solicitar participación antes do 12 de xaneiro.

Todo o alumnado de 2º ciclo de Infantil e de 1º a 4º de Primaria está convidado a participar no certame ‘Nós tamén creamos’, elaborando pezas curtas de animación en galego coa técnica stop-motion. As pezas deben estar baseadas nalgún dos álbumes ilustrados que recibirán despois da súa inscrición.

O prazo para solicitar a participación remata o 12 de xaneiro. Unha vez inscritas, as escolas terán de prazo deica o 30 de abril para enviaren as súas curtametraxes.

Esta será a sétima edición do certame, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa coa colaboración da CRTVG e de OQOeditora.

Tres categorías

A convocatoria establece tres categorías:

  • 2º ciclo de Educación Infantil
  • 1º ciclo de Educación Primaria
  • 2º ciclo de Educación Primaria

O profesorado participante nas curtas premiadas, que debe incluír algún membro dos equipos de dinamización da lingua galega, recibirá certificación de Premio de Innovación Educativa (equivalente a 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o resto do profesorado participante).

Aquí podedes ver os gañadores da anterior edición, en 2017

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*