O noso planeta, os nosos dereitos

Material educativo de Unicef Galicia con recursos sobre dereitos de infancia e cambio climático.

“O noso planeta, os nosos dereitos” é un conxunto de actividades e recursos sobre dereitos de infancia e cambio climático. Descobre todo o que se pode facer desde as aulas! O material está dispoñible para descarga en lingua galega.

Neste curso 2017/2018, os materiais botan man dunha dobre perspectiva:

  • O dereito á saúde: todos os nenos, nenas e adolescentes teñen dereito a vivir nunha contorna saudable e a coñecer como protexerse fronte aos cambios que poidan producirse no seu ambiente. Existe ademais un imperativo de xustiza interxeracional: os nenos son quen menos responsabilidade ten sobre os actuais problemas ambientais pero son e serán quen máis sufra as súas consecuencias.
  • O dereito á participación: en apenas 18 anos, un neno ou nena nacido hoxe será unha persoa adulta con plena responsabilidade sobre as decisións que tome. Desde o ámbito educativo, temos a oportunidade de ofrecerlles coñecementos, de inspirarlles unha actitude crítica e responsable e de favorecer o desenvolvemento de competencias que lles permitan ser cidadáns activos e comprometidos.

Ademais, o cambio climático xoga un importante papel nalgunhas catástrofes naturais que poñen en perigo os dereitos de nenos e nenas de todo o mundo, como os tifóns, as inundacións, as vagas de calor ou a ameaza da seca e a desertización en países como Níxer.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*