Os Bolechas saen de xira cun ‘conto de Nadal’

Os Bolechas percorrerán Galicia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro para resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo dos Reis Magos que traía todos os galanos. Conseguiran atopalo a tempo? Algo sae mal e os que van aparecendo son Papá Noel, o Apalpador e moitos outros personaxes ligados ás festas do Nadal…

Da man da Rede de Dinamización Lingüística, a aventura ‘Un conto de Nadal’ botará a andar o vindeiro venres 22 de decembro no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, ás 18:00 horas. A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá a actividade o sábado 23; o Centro Cultural Xaime Illa de Poio, o sábado 30; a Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), o martes 2 de xaneiro; a Casa da Cultura de Muros, o mércores 3; o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o xoves 4; o Auditorio Municipal do Carballiño, o sábado 6; e a Casa da Cultura de Sarria, o domingo 7.

Toda a información e o calendario pode seguirse no web www.osbolechas.gal e no Portal da Lingua Galega en www.lingua.gal/nadal-en-rede, ademais de nas redes sociais e na Axenda de Cultura de Galicia.

  • Venres 22 de decembro no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, ás 18:00 horas
  • Sábado 23 de decembro, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, ás 17:00 horas
  • Sábado 30 de decembro, no Centro Cultural Xaime Illa de Poio, ás 19:00 horas
  • Martes 2 de xaneiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), ás 17:00 horas
  • Mércores 3 de xaneiro, na Casa da Cultura de Muros, ás 18:00 horas
  • Xoves 4 de xaneiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 19:00 horas
  • Sábado 6 de xaneiro, no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 18:30 horas
  • Domingo 7 de xaneiro, na Casa da Cultura de Sarria, ás 17:30 horas
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*