Materiais do Proxecto Terra para a Educación Infantil.
Sabela vai percorrer, coas súas zocas, os seus espazos coñecidos para investigar o que hai neles, por medio dos seus sentidos, dándolle nome a cada lugar e describindo o que vai atopando. Todo iso prodúcelle fermosos sentimentos que serven para acadar un maior agarimo polos lugares que percorre. Acompañamos a Sabela da casa á escola?
‘Sabela e as zocas máxicas’ é un proxecto sensorial, lúdico e vivencial elaborado no marco do Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), unha iniciativa de cooperación do COAG co mundo da educación que quere contribuír a mellorar o coñecemento que o alumnado debe ter da arquitectura e identidade territorial.
Para isto proporciónannos un material que:
- Parte da nosa realidade: as nosas casas, a nosa contorna rural ou urbana, o noso patrimonio natural e construído, as características das nosas aldeas, vilas e cidades…
- Fainos dispor de imaxes reais da nosa contorna.
- Con este material todos nos identificamos: interior, costa, urbano, rural…
- Parte de elementos moi motivadores para o noso alumnado: contos, cancións, xogos.
Descarga da Guía do Profesorado con todas as orientacións para desenvolver as actividades
Todo o material para Infantil
Un día Sabela foi de visita á casa dos avós á aldea. Era unha casa un pouco vella, pero a Sabela parecíalle máxica cando vía saír os pitiños dos ovos, cando escoitaba cantigas no colo da avoa, cando ulía a tostas de pan e saboreaba os doces saídos do forno ou cando tocaba a alfombra xogando ás agachadas co irmán. Deitada na cama, pensaba nas súas cousas. Como fóra caían chuzos de punta, pensou en xogar dentro da casa. Saíu do seu cuarto e…