1º Congreso Mundial de Educación. Innovación e Investigación Educativa

#CongresoEduca2018. Días 22-24 de febreiro. Facultade de Ciencias da Educación da Coruña

O evento comezará o xoves 22 coas conferencias “Presentación Proyecto MIAC – Maestros Innovadores Alumnos Competentes”, a cargo de Roberto Busquiel García (Colegio Padre Dehón de Novelda) e Jorge Largo Burgos (Colegio BVM. Irlandesas Madrid y Universidad Isabel I); “Cerebro, Emoción y Educación”, a cargo do catedrático Francisco Mora Teruel (Universidad Complutense de Madrid); “Integración a través del deporte”, a cargo de Jero García García (Deportista e presentador do programa de Televisión “Hermano Mayor”) e “De la sociedad del conocimiento a la sociedad del aprendizaje”, a cargo de José Antonio Marina. Para o venres 23 están previstas entre outras as conferencias “Lecciones aprendidas de la Educación Finlandesa”, a cargo de Jari Lavonen (Universidad de Helsinki) e “Educación para mejorar el mundo. Cómo liberar el potencial de los niños en el Siglo XXI”, a cargo de Marc Prensky (The Global Future Education Foundation and Institute). O venres 23 terá lugar tamén a entrega dos Premios Educa Abanca 2017 a docentes.

Por outra parte, cada tarde, o evento incluirá conferencias especialzadas, enmarcadas dentro dunha serie de grupos de traballo:

Área 1. Educación Infantil

Conferencia 5. A disciplina positiva na aula.

Conferencia 6. Orixe. O neno e o animal

Conferencia 7. Intentos de axuntar principios pedagóxicos na aula de Educación Infantil. En busca do TOTEM fantástico

Área 2. Educación Física

Conferencia 8. O estilo actitudinal. Un modelo pedagóxico para conseguir unha experiencia positiva en todo o alumnado.

Conferencia 9. Falamos de Educación Física ou Educación Psíquica?

Conferencia 10. A formación do mestre de Educación Física en atención á diversidade. Pasado, presente e futuro.

Área 3. Idiomas e Linguas Estranxeiras

Conferencia 11. Plurilingüismo unha realidade posible. Método OPOL

Conferencia 12. A imaxe como elemento motivador da expresión escrita.

Conferencia 13. Ensino de lectoescritura inglesa a nenos castelánparlantes

Área 4. Ciencias Sociais e Humanidades

Conferencia 14. Boas prácticas en Emprendemento.

Conferencia 15. EmocionaT. Potencia o talento socio-emocional.

Conferencia 16. O ensino do Holocausto e os traumas colectivos como recurso transversal de axuda á convivencia escolar

Área 5. Ciencias Naturais

Conferencia 21. Toma a ciencia, biopreguntas e Oak Challenge.

Conferencia 22. A aula de bioloxía. Unha degustación de aprendizaxes.

Conferencia 23. Ciencia cidadá na escola

Área 6. Matemáticas, Educación Emocional, Coaching Educativo e Gamificación

Conferencia 24. ABN, por unhas matemáticas sinxelas, naturais e divertidas.

Conferencia 25. A educación emocional. Best practices.

Conferencia 26. O papel do coaching no ámbito educativo.

Conferencia 27. A neuroeducación e gamificación na aula

Área 7. Educación Artística e Musical

Conferencia 28. Unha escola para ser feliz.

Conferencia 29. A incidencia da formación musical no cerebro.

Conferencia 30. Reciclarte. Propostas de educación artística a través da reciclaxe


Área 8. Xestión e Dirección de centros

Conferencia 31. Altas capacidades intelectuais e creatividade.

Conferencia 32. A cooperación institucional como fórmula de acceso a recursos e materiais educativos para o cambio social e a mellora da calidade educativa. Equidade, inclusión e compensación en desigualdades.

Conferencia 33 Novidade e apertura 3.0. Como motivar a un claustro.

Conferencia 34. Profe, Xq non usas twitter?

Toda a información na web oficial do Congreso

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*