Alumnado galardoado co premio extraordinario nas ensinanzas artísticas

A pasada semana coñecéronse os nomes dos premiados correspondentes ao curso 2016/17 nas modalidades de Música, Danza e Artes Plásticas e Deseño.

A concesión destes premios é un recoñecemento ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou con especial expediente, algunha destas ensinanzas artísticas profesionais. Para concorrer a estes galardóns era necesario ter unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 puntos nos dous últimos cursos. O premio consiste nunha achega económica de 850 euros para cada un dos galardoados, así como na entrega dun diploma acreditativo. Parabéns a todas e todos os premiados!

Modalidade de Música
Marta Rodríguez Otero (CMUS Profesional Xoán Montes)
Laura Morales Rejas (CMUS Profesional de VIGO)
Marina Hermida Rodríguez (CMUS Profesional Manuel Quiroga)

Modalidade de Danza
Alejandra Vázquez Barreiro (CDAN Conservatorio Profesional de Danza da Coruña)

Modalidade de Artes Plásticas e Deseño
M. Teresa Fernández Vázquez (Centro de Artes e Deseño AULA D de Vigo)
Diego Vidal Míguez (EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*