Na web da fundación podedes descargar un calendario dixital ilustrado por Leandro Lamas.
A Casa-Museo Manuel María retomou após o Nadal a súa actividade e volveu abrir as portas. Recordámosvos que a fundación que acolle a casa natal do escritor, ten como propósito achegarlle ao pobo galego a figura e a obra de Manuel María, así como o importante legado que alí se encontra.
Alén disto, o equipamento, unha casa-vivenda chairega, permite rever acontecementos da vida galega (sociais, culturais e políticos) dos últimos 70 anos do século XX a través da traxectoria vital do escritor. A Casa-Museo, encadrada en Outeiro de Rei, posibilita tamén ao visitante redescubrir a Terra Chá e os distintos espazos que o escritor levou ás súas obras.
No inicio deste ano 2018, e aproveitando o 50 aniversario da primeira edición do poemario ‘Os soños na gaiola’, obra pioneira que abriu o camiño da poesía en galego para os máis novos, a Casa-Museo vén de editar un calendario dixital de 2018, ilustrado por Leandro Lamas.
O calendario pódese descargar introducindo nesta ligazón o seguinte código: 8yhqdz1esxcr