Que facemos con ese trebello que non funciona?

Vaia, o teclado do computador non funciona! Que fastidio! Mauro vaino tirar a un cubo do lixo. Pensas que actúa correctamente? Sol explícalle a Mauro que nin o teclado nin o computador poden tirarse no caldeiro do lixo. Son residuos especiais, e hai que levalos a un lugar especial. Sabes a onde?

No Caderno Verde de Sogama podemos acompañar as amigas e amigos de Vilaverde nunha nova actividade interactiva, neste caso, a titulada ‘Que facemos con ese trebello que non funciona?’, destinada á materia de Coñecemento do Medio e recomendada para o 3º ciclo de Primaria ou 1º ciclo da ESO.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*