As Escolas da Emigración

Na rede permanece aínda para consulta este proxecto do Consello da Cultura Galega que recupera e pon en valor, cunha dobre finalidade histórica e educativa, as achegas materiais e inmateriais dos galegos radicados fóra do país á área do ensino nas súas localidades de procedencia.

O envío de remesas desde a emigración tivo unha grande importancia para a mellora das condicións de vida e para a modernización da economía galega, e tamén propiciou unha maior permeabilidade ás ideas procedentes do exterior. Un dos destinos destas remesas, o que deixou maior pegada no desenvolvemento da sociedade e da cultura galegas, concretouse na esfera educativa. Tivo como beneficiarios directos os seus veciños, xa que contribuíron a configurar a primeira rede escolar galega.

O proxecto, coordinado por Vicente Peña Saavedra, recolle sobre un mapa todo o catálogo de escolas edificadas nese contexto en toda a xeografía galega, así como unha serie de fichas onde nos contan de coñecidos persoeiros como Jesús García Naveira, de Betanzos, ou Fernando Blanco de Lema, en Cee. Tamén unha selección bibliográfica e diversa información sobre o tema.

Toda a información no web do proxecto Escolas da Emigración

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*