Lingua de namorar 2018

Concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega. O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 29 de xaneiro.

Dirixido a mocidade de 14 a 35 anos, o obxectivo principal deste certame é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e a mensaxería instantánea.

Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 29 de xaneiro. Do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto. O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras entre as 50 máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade establecidas nas bases.

O día 14 de febreiro terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2018. O acto de entrega celebrarase no Museo do Mar de Galicia (Vigo), onde se encontra exposto o Pergamiño Vindel, que recolle as sete cantigas de amigo de Martín Codax, un tesouro da nosa lírica amorosa medieval.

Para participar no certame, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, hai que premer na ligazón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*