Día Mundial da Radio con Ponte… nas Ondas!

Un ano máis a Asociación Ponte… nas Ondas! convida as escolas galegas e portuguesas a participar no Día Mundial da Radio. E xa que nesas datas estaremos celebrando o entroido, a asociación trasladará a xornada escolar en directo deica a semana do 21 de febreiro.

O evento vaise centralizar a travéd do portal Escolas nas Ondas , o primeiro espazo para difundir e espallar os podcasts e os programas das escolas galegas e portuguesas e de todo o ámbito da lusofonía, que acollerá as producións que se envíen.

PARTICIPACIÓN
Enviando os programas ou podcasts que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com. Se os tedes en calquera plataforma (Ivoox, Soundcloud, etc.) podedes enviar a ligazón para que sexa incorporada.

Se queredes empregar tamén a imaxe, subide o vídeo e mandádenos o enlace do lugar onde estea aloxado. Hai unha canle de vídeo para os traballos das escolas.
Tamén podes mandar unha mensaxe de audio a través de Whats App relacionada coa radio e o deporte. Mensaxes ao número: 603 896 495

Se queres participar comunícanos cal vai ser a intervención do voso centro.

Máis info no correo ondas@pontenasondas.org

Algunhas propostas para facer co alumnado para o DÍA MUNDIAL DA RADIO

A RADIO E O DEPORTE

  • Reportaxe sobre os deportes que se practican no teu centro.
  • Entrevistas ou reportaxes de deportistas do teu centro.
  • Xogos tradicionais ( no centro, no concello, na comarca ). Entrevistas, reportaxes, normas de xogo, etc. )
  • Recolle opinións de deportistas sobre a súa experiencia coa radio. Dille que é para o Día Mundial da Radio.
  • Recolle colaboracións de xornalistas deportivos.
  • Fai a túa retransmisión deportiva. Convértete no mellor reporteiro/a.
  • Cal foi a noticia deportiva máis importante que escoitaches pola radio ? Cóntao !
  • Cal sería a noticia deportiva que che gustaría retransmitir pola radio ? Faino ! Podes facer vários personaxes coa túa voz !
  • Es capaz de imitar a un deportista coñecido ? Faino !Todo o que queiras contar co binomio RADIO + DEPORTE

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*