Fronte ao bullying, contesta

Os estudantes con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) son os que teñen un risco máis alto de seren vítimas de acoso escolar.

A Confederación Autismo España, que agrupa a numerosos colectivos en todo o estado, unha ducia deles en Galicia, pon en marcha ten en marcha unha campaña de sensibilización fronte ao risco de acoso escolar do alumnado con TEA. Desde a plataforma referencian un estudo americano onde se recolle que arredor do 46% de alumnado con TEA sofre bullying fronte ao 10,6% dos estudantes sen ese trastorno ou sen discapacidade.

Ante o acoso, ademais dos problemas parecidos aos que se dan no resto do alumnado e que ten que ver co rendemento escolar, o desenvolvemento social e a inclusión educativa, o alumnado con TEA experimenta adicionalmente un gran sufrimento e ansiedade.

Segundo explican, ao alumnado con TEA gústalle estar con amigas e amigos, aínda que o sintan e vivan de xeito diferente. Porén, “este alumnado parece ter menos amigos e relacións de menor calidade e menos duradeiras: esta falta de apoio asocial é un factor de risco esencial para seren vítimas de acoso. Por tanto, forman un grupo de risco vulnerable ao maltrato”

As características do TEA non determinan o acoso. As características do contexto (o clima de convivencia, o traballo en valores, a promoción das relacións, a política escolar contra o acoso, a cohesión da aula…) tamén son fundamentais. Tamén son factores clave o clima de convivencia nas aulas e no centro educativo e o respecto que teñen e amosan os compañeiros e o profesorado cara ás persoas que se comportan de xeito diferente.

Toda a información da campaña no web www.acosoescolartea.es/, que usa nas redes o cancelo #AcosoescolarTEA

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*