Xa estades inscritos para o Día da Educación Física na rúa?

Preparando a xornada do 25 de abril!

Un ano máis o Consello de Colexios Profesionais da Educación Física e os distintos colexios autonómicos promoven unha plataforma co obxectivo de que os centros educativos se unan a celebrar o Día da Educación Física na Rúa ( DEFC).

O próximo 25 de abril profesores de Educación Física sairán ás rúas e prazas das súas localidades para mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, concienciar sobre o sedentarismo, difundir a actividade física saudable, etc. En 2017 participaron máis de 33.000 alumnos de case 300 centros educativos. No momento de escribirmos estas liñas, vemos xa dúas escolas galegas apuntadas: o CEIP Díaz Pardo, do Burgo, en Culleredo, e o IES Otero Pedrayo, de Ourense.

Obxectivos do DEFC:

  • Mostrar a importancia da Educación Física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades
  • Dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudable
  • Fomentar a práctica de actividades físicas variadas e en compañía para o benestar físico, psíquico e social
  • Promover a difusión de actividade física saudable pouco coñecida
  • Mostrar á sociedade parte do traballo realizado nas clases de Educación Física
  • Concienciar dos altos índices de sedentarismo co consecuente problema de saúde e elevado custo sanitario
  • Promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo en sintonía coa opinión do ministerio de sanidade, o CSD, a UNESCO e a OMS
  • Transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía
  • Animar a sociedade para adoptar un estilo de vida activo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*