Sétima edición do certame de Ecoembes. Inscricións deica o 23 de marzo.
O docentes que queiran participar nesta nova edición de ‘Os Profes Contan’ deberán presentar un vídeo dun máximo dun minuto de duración que explique, coa participación do alumnado, en que consiste a iniciativa e como se está introducindo na aula ou centro. Ademais, serán valoradas en función dos diferentes niveis, cunha categoría por cada tramo educativo: 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria; 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria; 1º e 2º da ESO; e 3º e 4º da ESO.
A primeira fase do concurso, destinada ao rexistro e participación das iniciativas permanecerá aberta ata o 23 de marzo, día no que comezará a preselección dos mellores proxectos. Serán valorados por un xurado presidido por Manu Velasco, profesor recoñecido con multitude de premio, xunto con outros expertos en materia de educación, medio ambiente e innovación, así como representantes de Ecoembes. Ademais, do 9 ao 15 de abril, poñerase en marcha unha votación popular que dará lugar ao quinto vencedor do concurso.
O premio consistirá nunha mellora ambiental valorada ata en 2.000€ e os gañadores poderán escoller entre varias opcións de implantación, en función das necesidades específicas do seu centro.
Esta transformación na formulación de ‘Os Profes Contan’ non vai supoñer un cambio no seu espírito solidario xa que Ecoembes doará a Aldeas Infantís SOS 5€ por cada vídeo presentado, tras seis edicións nas que os beneficios obtidos pola venda dos libros cos contos gañadores se doaron de forma íntegra a esta organización.