Iniciativa “Xoga como unha muller”

darlle visibilidade ás mulleres deportistas e combater os prexuízos.Estudantes da Universidade da Coruña buscan darlle visibilidade ás mulleres deportistas e combater os prexuízos.

Vimos de coñecer a iniciativa “Xoga como unha muller”, posta en marcha por alumnado da Universidade da Coruña, e que quere reivindicar o uso da expresión “como unha muller”, porque facer algo “como unha muller” nunca debera ser considerado algo negativo, de débiles, de persoas menos capaces ou válidas.

Así nola presentan na súa web:

“Desde os albores do tempo a muller estivo subrogada á vontade do home, por ser este máis forte, máis intelixente e máis capacitado para estar ao mando. Historias antigas que alimentan os estereotipos do machismo profundo, que tanto dano fai, porque agroma dende o inconsciente e se apropia da nosa forma de pensar e actuar.

Fátima xoga ao fútbol; é un macholiño.
Mira a Brais, está chorando como unha nena.
Elena, por favor, esa linguaxe non é de señoritas.
Pedro, compórtate como un home.

Algúns dos vídeos que acompañan xa a iniciativa:

Leticia Zapata xoga ao fútbol gaélico e moitas veces lle dixeron que era una deporte demasiado bruto para ela. Pensades que os deportes de contacto non son apropiados para as mulleres?

Raquel Pazos cóntanos a súa experiencia na ximnasia rítmica como muller, un deporte sempre relacionado coa feminidade.
É a ximnasia rítmica un deporte só para mulleres?

Web ‘Xoga como unha muller’

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*