Campaña en prol dun comedor público para o novo Colexio de Culleredo

Logo de case dous anos de obras, o próximo curso abrirá o novo centro público no Concello de Culleredo, situado no lugar de Acea de Ama, unha infraestrutura que contará con 18 aulas para unha capacidade de alumnado de 450 prazas e para a que xa se vai abrir matrícula a partir de marzo no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa.

As asociacións de nais e pais dos outros catro centros que xa ten o municipio, familias potencialmente usuarias das novas instalacións, están preocupadas polo horario que se anunciou para a nova escola, de 9 a 14 horas e pola negativa da Xunta a xestionar o proxectado comedor do centro. Ao respecto, esixen que se revise o proxecto para garantir a conciliación familiar.

Por este motivo, dannos conta de que abriron na rede a través da plataforma Change.org unha campaña na que xa hai xa perto de medio milleiro de sinaturas de apoio

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*