Interseccionalidade de xénero: o 8M nas aulas, material didáctico

Recursos da CIG-Ensino e AS-PG para estas datas.

A CIG-Ensino anima o profesorado galego a tratar o Día da muller traballadora cunha perspectiva integral e pon a disposición da comunidade educativa dúas unidades didácticas adaptadas ás etapas de Primaria e de Secundaria. Desta volta as unidades foron elaboradas por María Rúa Junquera, especialista en xénero, conflitos armados e relacións internacionais.

O obxectivo destes recursos é favorecer desde o sistema educativo a construción dunha sociedade diversa e plural na que os valores da igualdade, a non discriminación e a convivencia en paz sexan os eixos principais. A través da realización das actividades perséguese que o alumnado reflexione sobre as diferenzas que establece a sociedade entre homes e mulleres e que recoñeza as actitudes discriminatorias que se exercen sobre o feminino pero tamén sobre outros colectivos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*