Este 8M… Eu paro! Eu apoio!

No vídeo que podedes ver sobre estas liñas, elaborado polo Comité Lila do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo convídannos a apoiar a folga internacional de mulleres convocadas para este 8 de marzo e á vez sensibilizar sobre a situación das mulleres e reivindicar os seus dereitos.

Por vez primeira na historia, a celebración do 8 de marzo vai acompañado dunha folga xeral de mulleres. Este paro internacional busca poñer o foco sobre as situacións de desigualdade (cando non de violencia expresa) que sofren en todos os ámbitos da vida.

É a hora da reivindicación, tamén da solidariedade coas loitas feministas. A democracia non existe se a metade da poboación é tratada de facto como cidadanía de segunda. Por iso, dende Botóns, de cara a este 8-M mostramos o noso apoio a un paro xeral que debe contribuír a abrir novas dinámicas na sociedade!

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*