María Victoria Moreno: Galicia como elección

As persoas non escollemos onde nacemos, pero si que podemos elixir de onde nos sentimos cando somos adultas. Foi así como María Victoria Moreno, que naceu fóra de Galicia e que non se estableceu entre nós ata os 24 anos, acabou sendo unha das grandes autoras da literatura galega. Mais antes de repasar a súa sobresaínte carreira no mundo das letras, cómpre achegármonos ás súas outras patrias da mocidade.

María Victoria Moreno e o seu marido chegan en 1963 a Galicia por motivos laborais. E o seu destino é Pontevedra, cidade á que a autora quedará ligada de por vida. Dedicada á docencia, non tarda en facer súas a lingua e a cultura do país.

Fálannos desta e outras cousas na Primavera das Letras da Real Academia Galega.

Aquí podedes descargar a ficha didáctica Galicia como elección (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*