Colección de Vídeos Didácticos da USC

Unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade compostelá que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario. A colección presentouse nun encontro cos medios de comunicación no que interviñeron o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala, e os docentes e autores de dous dos primeiros vídeos incorporados á colección Roberto Blanco Valdés e Ana Otero Casal.

Na actualidade, a colección conta cunha ducia de vídeos, cunha duración media de entre 8 e 10 minutos, ademais doutros en etapa de produción. Esta é unha actividade aberta a todas as áreas de coñecemento que seguirá medrando en datas próximas con novas incorporacións.

Aquí algúns exemplos:

A natureza ondulatoria da luz
A luz é unha onda ou unha partícula? Pois parece que depende das circunstancias. Así nolo explica o profesor Cibrán Santamarina neste vídeo.

Alimentación de ruminantes
A profesora Margarita Rico cóntanos en que se basea a alimentación de ruminantes a través dunha viaxe polo seu particular intestino. O rume como unha cuba de fermentación que hai que alimentar para que todo funcione.

O punto máis alto de Galicia
Cal é o lugar máis elevado do territorio galego? O profesor Valerià Paül lévanos ata alí, na fronteira entre Galicia e a provincia de  Zamora.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*