Prazo aberto deica o 23 de abril.
Coa ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Organización Española
para o Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte, convoca o concurso «Un conto de H. C. Andersen en cómic».
PARA PARTICIPAR:
1. Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o
primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a
biblioteca.
2. Escoller un libro de Hans Cristian Andersen que o/a participante lera e que lle
guste especialmente.
3. Debuxalo en forma de viñetas. Non menos de catro viñetas, non máis de doce
viñetas co formato dun cómic: globos de texto, epígrafes, etc, nun máximo de 3
follas (Din-A4).
4. Os traballos poden presentarse individual ou colectivamente.
5. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus
respectivos autores/as: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso
escolar, así como o nome do profesor/a ou bibliotecario/a, o nome, dirección e
teléfono do centro e un correo electrónico de contacto.
6. Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres
traballos por curso, segundo o seu bo criterio, e entregalos directamente ou ben
remitilos por correo postal ou por correo electrónico antes do día 23 de abril xa
que o día dous de abril cae en época de vacacións, aos seguintes enderezos,
segundo a súa residencia e o ámbito lingüístico no que participe.
▪ Consejo General del Libro Infantil y Juvenil. c/Santiago Rusiñol,
• 8.28040 Madrid. secretaria@consejodellibro.org
▪ Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil- ClijCAT. c/Mallorca, 272-274.
08037 Barcelona clijcat@clijcat.cat
▪ Galtzagorri Elkartea. Pza. Zemoriya, 25 bajo. 20013 Donosti.
galtzagorri@galtzagorri.eus
▪ Gálix. Centro de Emprendemento. Cidade da Cultura de Galicia. Monte
Gaiás, s/n. 15707 Santiago de Compostela. galix@galix.org
▪ OEPLI. concursodiainternacional@oepli.org
7. Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías e ámbito
lingüístico:
Primeiros lectores (1º, 2º e 3º de Primaria)
Lectores avanzados (4º, 5º e 6º de Primaria)
Superlectores (1º e 2º de Secundaria).
8. Cada un dos premios estará dotado cun diploma e un lote de libros para os/as
premiados/as e para a entidade (biblioteca ou centro docente) que presente os
traballos.
9. O xurado cualificador estará integrado por representantes de cada unha das
seccións da OEPLI.
10. O ditame do Premio terá lugar no mes de maio, antes do día 21 e a entrega dos
premios celebrarase na data e no lugar que acorden cada unha das sección da
OEPLI.
11. Non serán devoltos os orixinais aos seus respectivos autores e autoras unha vez
resolto o concurso. A OEPLI e as súas seccións poderán empregar os debuxos
gañadores en diferentes soportes e usos relacionados co DÍA INTERNACIONAL
DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, sen que isto dea dereito a retribución algunha
para os/as concursantes.
12. A participación no concurso supón a autorización dos/as pais/nais e titores dos/as
menores para que os debuxos poidan ser difundidos a través das redes sociais e
da páxina web da OEPLI e das diferentes seccións territoriais.
13. A presentación dos orixinais para o concurso supón a aceptación e conformidade
coas presentes bases