O xogo da curuxa

Agora tamén en versión para teléfonos móbiles.

O Xogo da Curuxa é unha iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) naceu como un xogo web baseado no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o/a xogador/a cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Gaña a partida o primeiro xogador en chegar até o último cadro e superar a súa proba.

O xogo ten agora unha versión que pode ser descargada nos teléfonos móbiles (só para Android), e que conta cunha batería de preguntas centrada exclusivamente no patrimonio da provincia de Pontevedra.

O xogo en versión para computador

O xogo en versión para Android

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*