As linguas son de quen as habita

Novo recurso en Primavera das Letras.

María Victoria Moreno é un estupendo exemplo de que as linguas son de quen decide habitalas. Logo de nacer en Estremadura e pasar a infancia e parte da mocidade por terras de Castela, Cataluña e Madrid, en 1963 chegou a Galicia. Axiña foi consciente de que a mellor maneira de integrarse en calquera lugar é mergullándose na súa cultura.

Pero María Victoria foi máis aló: decidiu facela súa. Aprendeu o galego escoitándoo e lendo obras clásicas da nosa literatura. En plena ditadura e nun tempo no que o idioma propio estaba fóra das escolas, María Victoria converteuse nunha auténtica activista que impartía desinteresadamente cursos para que as persoas puidesen aprender a nosa lingua.

Descargar aquí en www.academia.gal/primaveradasletras: As linguas son de quen as habita (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*