Reescribir o mundo

Aínda que a súa gran paixón sempre foi o ensino, María Victoria Moreno pasou á historia como unha das autoras galegas máis destacadas do seu tempo. A maior parte da súa produción literaria está destinada a un público infantil e adolescente. De seguro que detrás desta elección está o compromiso da docente vocacional, da profesional que confía en que as novas xeracións sexan quen de facer un pouco mellor o mundo. Nunha entrevista publicada en 2004 deixaba ben ás claras a visión que tiña da rapazada á que lle daba clase e para a que escribía:

“A xente maior pensa que ten sempre razón pola experiencia e por intereses creados. Quere meter a mocidade pola súa canle e non entra, nin agora nin nunca. A mocidade é a que tira do mundo, a que o fai cambiar, e iso non se pode parar, sexa para ben ou para mal”. Semanario A Nosa Terra, número 1.157

Nesta ficha titulada Reescribir o Mundo, do proxecto Primavera das Letras da Real Academia Galega, imos repasar algunhas obras que María Victoria Moreno escribiu pensando na rapazada. Descargala aquí

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*