Fraguas: do local ao universal

Ficha didáctica dirixida a alumnado de educación primaria e destinada a dar a coñecer a figura de Antonio Fraguas.

Co proxecto “Antonio Fraguas, do local ao universal”, o Concello de Cerdedo-Cotobade ten a obriga e a honra de reivindicar a un dos seus veciños máis ilustres, un home que creu e traballou incansablemente por agrandar esa “célula de universalidade” que é Galicia: un país orgulloso de si e sempre aberto ao mundo. Tal e como en 1963 fixo a Real Academia Galega instaurando o Día das Letras, a iniciativa “Antonio Fraguas, do local ao universal” fai un chamamento a manter vivo o legado dun dos grandes intelectuais galegos do século XX.

Fraguas finou en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999. Galicia despedíao consciente de que marchara un dos máis grandes persoeiros do seu tempo: un intelectual bo e xeneroso que fixo súa a máxima de “Galicia, célula de universalidade”

Este material elaborouse no marco da programación en homenaxe a Antonio Fraguas que impulsa o Concello de Cotobade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, no vixésimo aniversario do seu pasamento.

Preme aquí para descargar a ficha

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*