No libro ‘E haberá tirón de orellas?’, María Victoria Moreno narra en verso a volta á casa da cadeliña Alma na compaña dun pardal.
Camiña cara a ningures
Alma, a travesa cadela,
e vai coa calma do sol,
que nin para min ten présa.
Nesta actividade da Primavera das Letras da Real Academia Galega convídannos a encher os ocos coa palabra correcta en cada caso, a colocar os versos mesturados ou a sinalar os adxectivos no texto. Preme aquí para ir á actividade: O solpor.