Aberta a terceira edición do certame: chega o Quero Cantar 2018/2019!

Deica o próximo 19 de outubro podedes enviar as vosas pezas ao certame Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.

Pode participar calquera grupo ou solista de ámbito galego que presente e interprete unha composición con letra e música orixinais e inéditas. En función das idades establécense as seguintes categorías:

Categoría A – Infantil

Idade: até 12 anos

Número máximo de compoñentes : 12

Categoría B – Xuvenil

Idade: de 13 a 16 anos

Número máximo de compoñentes: 12

Para a categoría A permítese que, incluída no límite de 12 participantes, haxa unha persoa que supere o límite de idade.

Para a categoría B, igualmente dentro do límite de 12 participantes, tamén se permite unha persoa que supere o límite de idade.

para ambas as categorías, o número de integrantes exentos do límite de idade debe significar menos do 50% de membros totais do grupo. Ademais as persoas exentas nunca poden ser as voces solistas, nin formar parte do coro se este fose o intérprete principal do tema. No caso dun coro acompañante si poderán ser incluídas.

Premendo nesta ligazón podedes consultar o detalle completo das bases

Vídeoclip subtitulado Máis boas cás patacas

Quenindiole na gala final do Quero Cantar, no Teatro Colón

Os nenos da vella na gala final do Quero Cantar, no Teatro Colón

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*